+34 986 202 801

Precisa unha tradución?

Somos tradutores autónomos especializados.

Aposte pola calidade!

Somos tradutores nativos e titulados.

Presentación de Lexitrad

Benvido a Lexitrad, a vitrina profesional de Sofía Godino Villaverde e Fabien Champême, dous tradutores autónomos que no ano 2002 decidiron formar un equipo en Vigo para ofrecer os seus servizos tanto a empresas como a axencias de tradución.
Este sitio permitiralle coñecernos e descubrir os diferentes servizos que ofrecemos.

Solicitude de información

Os nosos servizos

Tradución

Ao sermos dous tradutores autónomos, ofrecemos servizos de tradución en varias combinacións lingüísticas e en numerosos campos de especialización.
Adoitamos traballar con programas de tradución asistida por ordenador (TAO) como Trados Studio, MemoQ ou Transit NXT e garantimos calidade e seriedade en todos os nosos traballos.
Para máis información, consulte os nosos respectivos perfís.

Ir a Tradutores

Tradución xurada

Sofía é tradutora xurada* nas seguintes combinacións lingüísticas:

  • Galego > francés
  • Francés > galego

* Tradutora xurada habilitada pola Xunta de Galicia. Número de habilitación: 0079

Localización de software

A localización de software é a tarefa que consiste en traducir un soporte lóxico dun idioma a outro adaptándoo á cultura local. Este tipo de tradución abrangue tres aspectos: a interface do usuario, a axuda en liña e a documentación.

Grazas a Trados Studio, a nosa principal ferramenta de tradución asistida por ordenador (TAO), somos capaces de xestionar estes tres aspectos da localización.

Contido Web

Ao igual que no caso da tradución e da localización de software, a localización de contido Web non consiste simplemente en verter un texto a unha lingua meta nin se limita exclusivamente ás palabras. Ademais dos contidos textuais que deben ser obrigatoriamente adaptados ao sistema lingüístico e cultural da lingua de chegada, hai que adaptar outros moitos elementos.

As nosas ferramentas permítennos xestionar estas tarefas e entregar sitios Web totalmente traducidos.

Somos tradutores

Sofía Godino Villaverde

Sofía Godino Villaverde

Chámome Sofía Godino Villaverde. As miñas linguas de traballo son o francés e o portugués e as miñas linguas maternas son o español e mais o galego.

Títulos:
Licenciatura en Tradución e Interpretación, Universidade de Vigo.
Tradutora xurada Francés>Galego.

Combinacións de idiomas:
Español, Francés e Portugués > Galego
Francés, Galego e Portugués > Español

Campos de especialización:
Textos científicos (sobre todo de carácter médico, como consentimentos informados, follas de información ao paciente, ensaios clínicos, etc.), textos técnicos (instrucións de uso, fichas de datos de seguridade, etc.), textos turísticos (guías de viaxes, folletos, sitios Web), textos pedagóxicos (libros de texto) e textos de carácter xeral ou divulgativos.

Pechar

Sofía Godino Villaverde

Tradutora ao español e galego
Fabien Champême

Fabien Champême

Chámome Fabien Champême, posúo unha formación técnica e lingüística e apaixóname todo o relacionado co mundo da tecnoloxía.

Títulos:
Máster en Tradución e Documentación Científico-Técnica, Universidade de Pau (Francia).
Diploma de Mantemento Industrial, Universidade de Lyon (Francia).

Combinacións de idiomas:
Inglés > Francés
Español > Francés

Campos de especialización:
Patentes, electrónica / enxeñería electrónica, enxeñería, industria, mecánica / enxeñería mecánica, ordenadores (material, programas, sistemas e redes) e tecnoloxía da información.

Pechar

Fabien Champême

Tradutor ao francés

Por que traballar connosco?

Tradutores nativos

1

Tradutores titulados

2

Máis de 15 anos de experiencia

3

Tradutores especializados

4

Orzamento personalizado

5

Calidade e seriedade

6

Solicitude de información

Formatos aceptados: PDF, DOC, DOCX y TXT (5 MB máximo)
* Campos obrigatorios

Contacte connosco

Rúa da Coruña 74,
36208 Vigo (Pontevedra)
España
+34 986 202 801
+34 637 180 636